Sementar Sementarei

… loguiño de crarear

Sementando de novo

deixar un comentario »

Sei que este ano estou a sementar bastante tarde. O ano pasado sementei na segunda semana de febreiro e as guindillas e os tomates estiveron listos pra finais de agosto e primeiros de setembro. Desta vez estou a sementar a mediados de xuño. Non vou ter tempo material a que boten froito as prantas. Eu de tódolos xeitos vouno intentar, por unha mestura de terquedade, experimentación e por facer algo.
As sementes escollidas este ano son de Scotch Bonet e “pemento de Padrón”. Poño o de pementos de Padrón entre comillas porque merquei dúas bolsas de pementos en Ourense no supermercado e xa fritimos a primeira delas o outro día e non picou ningún. Dame igual, e pola graza de ver que se sae algún podelo fritir na tixola.

Como podedes comprobar puxen algunhas sementes no xerminador. A esquerda están as de Scotch Bonet que sequei o ano pasado, e a dereita están as de “pementos de Padrón” fresquiñas recén sacadas do pemento, non me deu tempo nin a secalas un chisco.
Para tentala a miña sorte sementei algunhas sementes máis de cada nalgúns potiños que tiña na casa, así teño máis posibilidades de acadar un maior número de prantas e poder escoller as máis fortes pra levalas adiante e cas máis febles agasallar algún coñecido se está interesado nelas (o ano pasado din enormes cantidades de prantas xerminadas a compañeiros de traballo e amizades varias) ou senón tiralas directamente o caldeiro do lixo.

O ano pasado un dos maiores problemas cos que atopeime foi que houbo un intre no que tiña as prantas das guindillas e as tomateitras ocupándome moitísimo espazo no balcón e chegou o intre no que que case non cabía unha persoa no balcón. Este ano se as prantas saen adiante teño que quedarme con menos e podalas ben pra que medren pra arriba e non me ocupen tanto o ancho. Ademáis este ano vou a compartir o balcón cos xeránios da miña muller polo que o espazo vai a estar ainda moito máis limitado.

Antes de pechar este artigo lémbrovos que por favor comentedes as entradas do blog pra facelos máis aménos e poder compartir experiencias, trucos, etc… saúdos.

Escrito por Pablo

14 Xuño, 2011 ás 7:29

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.