Sementar Sementarei

… loguiño de crarear

Olá a todo o mundo de novo

con 2 comentarios

Tedes que perdoar que teña esto un chisco abandoado. Os amigos máis achegados que seguides este blog xa sabedes que factores de alta importancia afectaron a miña vida persoal nos derradeiros meses, polo que este ano non puiden organizar a hortiña no balcón da casa de novo como fixera o ano pasado. Non tiven tempo pra sementar e transplantar as sementes como o ano pasado, pero grazas a deus sobreviviron e xerminaron por si solas algunhas prantas de perixel das que tiña o ano pasado e onte merquei dúas tomateiras na froristería do barrio.
Como conto con ter tempo durante os vindeiros meses pra coidar as prantas téñome a idea de levar adiante todo o que poida. Logo da experiencia do ano pasado coñezo as miñas limitacións, persoais e loxísticas, polo que teño pensado intentar sacar adiante as tomateiras que merquei onte, o perixel e se atopo algunha pranta (que dea fruto eso sí) xa xerminada e que non me ocupe moito. Tamén gustaríame ser previsor e ir plantexando como vou montar a hortiña do ano que ven.
Gustaríame pediros un favor a todos/as os que ledes esto, por favor, axudádeme interactuando conmigo, deixade mensaxes, mostrádeme as vosas hortas, fácedeme preguntas, dádeme consellos, así axudádesme a manter esto e a horta adiante.

Saúdos e apertas.

Escrito por Pablo

12 Xuño, 2011 ás 20:45

Publicado en opinión

Etiquetado con

2 Respostas

Subscribirse aos comentarios con RSS.

  1. Hola cousa,
    pues yo te digo que por primera vez empecé a plantar con mi padre en la finca cositas: tomate, acelga (ya lo comí!), pimiento de padrón y judía.
    Es una finca claro, no es lo mismo. Pero tuve que darle duro al sacho (como pude), y la verdad es que después de cavar, abonar con el humus que teníamos, y cribar un pelín…plantamos, agüita y tampoco mucho más.
    Te iré contando, que lo tengo muy dejao

    Ah, a Cris tamén comezou na horta comunal que teñen os de SEn un Can en Vilamarín. Seica teñen plantado a saco!

    xave

    13 Xuño, 2011 ás 8:08

    • Ola cousiña, xa sabía o de Cris, díxomo en Ourense fai tres semanas ou así. Deberías animarte a facer un blog como este sobre a horta do teu pai e así comentamos trucos, ideas, etc… Eu estiven a cavilar onte a noite e o mellor póñome a cultivar cogumelos tamén.

      Pablo

      13 Xuño, 2011 ás 8:14


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.