Arquivo para Xuño 12th, 2011
Olá a todo o mundo de novo
Tedes que perdoar que teña esto un chisco abandoado. Os amigos máis achegados que seguides este blog xa sabedes que factores de alta importancia afectaron a miña vida persoal nos derradeiros meses, polo que este ano non puiden organizar a hortiña no balcón da casa de novo como fixera o ano pasado. Non tiven tempo pra sementar e transplantar as sementes como o ano pasado, pero grazas a deus sobreviviron e xerminaron por si solas algunhas prantas de perixel das que tiña o ano pasado e onte merquei dúas tomateiras na froristería do barrio.
Como conto con ter tempo durante os vindeiros meses pra coidar as prantas téñome a idea de levar adiante todo o que poida. Logo da experiencia do ano pasado coñezo as miñas limitacións, persoais e loxísticas, polo que teño pensado intentar sacar adiante as tomateiras que merquei onte, o perixel e se atopo algunha pranta (que dea fruto eso sí) xa xerminada e que non me ocupe moito. Tamén gustaríame ser previsor e ir plantexando como vou montar a hortiña do ano que ven.
Gustaríame pediros un favor a todos/as os que ledes esto, por favor, axudádeme interactuando conmigo, deixade mensaxes, mostrádeme as vosas hortas, fácedeme preguntas, dádeme consellos, así axudádesme a manter esto e a horta adiante.
Saúdos e apertas.

