Sementar Sementarei

… loguiño de crarear

Arquivo para Agosto 13th, 2010

A colleita

deixar un comentario »

Aquí tedes a segunda remesa de guindillas da miña hortiña. Xa collín como seis antes destes que vedes na imaxe, pero agora é cando as prantas empezar a ter moitas. Deixei algunhas que xa tiñan bo tamaño na pranta por se acaso e tamén por que con estas dez que acabo de colleitar chégame pra unha boa tempada. Se tedes curiosidade por saber de que sementes sairon pois direivos que sairon das sementes que quitei dos chiles frescos que mercara no supermercado. As prantas que sairon das sementes mercadas no B&Q as Joe’s Long e as Demons Red ainda non botaron un so froito (máis info aquí)

Os tomates están enorme e hai a esgalla pero non maduran, creo que o tempo que está a facer nas derradeiras semanas en Londres, pouco propicio, case que de outono, non están a axudarlles moito.

Escrito por Pablo

13 Agosto, 2010 ás 14:37

Publicado en guindillas-chiles

Etiquetado con , ,

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.