Esta si que é unha fichaxe galáctica
…E non as de Florentino. Hoxe fun a facer a compra ca miña muller e cal foi a miña sorpresa o atopar Dorset Naga a venda, unha das guindillas máis picantes do mundo segundo a escala Scoville, 8 ou 9 veces máis picante ainda co meu adorado, pero ben fodido, Scotch Bonet (dos que teño que falar un día destes). Fixádevos ben na etiqueta da bolsa que trae 6 guindilla debuxadas avisando do picor e a súa esquerda pon “The hottest”. Nun primeiro intre non quixen mercala porque a verdade é que deume medo manipulala, porque xa o scotch bonet e bastante fodido (o picor traspasa as lubas de plástico, segue de lavar as mans dúas veces con auga e xabón…) pero xa o teño planeado. Voulle coller as sementes o domingo con moitísimo coidado e logo poreinas a secar un días. Xa sei a quen lle vou mandar unhas poucas por correo, hehehehe.



Eu son moi partidario do picante, pero nestas doses de guerra química xa non sei… Teñen algún uso, fóra das probas de resistencia e masculinidade?
Snob Megalove
22 Xullo, 2010 ás 21:52
Tranqui que eu nin tolo vounas probar, pero nin de coña!! simplemente quero collerlles as sementes pra prantarlas eu o ano que ven, mandarllas a un curmán meu Bilbao que é fanático das guindillas; e hoxe que celebramos na casa o día da patria galega vai vir o meu mellor amigo que é italiano e vai de machote co picante, ese si que vaino flipar, hehehehe.
Pablo
24 Xullo, 2010 ás 10:26
[...] na tixola. Como podedes comprobar puxen algunhas sementes no xerminador. A esquerda están as de Scotch Bonet que sequei o ano pasado, e a dereita están as de “pementos de Padrón” fresquiñas [...]
Sementando de novo « Sementar Sementarei
14 Xuño, 2011 ás 7:29