Arquivo para Xullo 22nd, 2010
Esta si que é unha fichaxe galáctica
…E non as de Florentino. Hoxe fun a facer a compra ca miña muller e cal foi a miña sorpresa o atopar Dorset Naga a venda, unha das guindillas máis picantes do mundo segundo a escala Scoville, 8 ou 9 veces máis picante ainda co meu adorado, pero ben fodido, Scotch Bonet (dos que teño que falar un día destes). Fixádevos ben na etiqueta da bolsa que trae 6 guindilla debuxadas avisando do picor e a súa esquerda pon “The hottest”. Nun primeiro intre non quixen mercala porque a verdade é que deume medo manipulala, porque xa o scotch bonet e bastante fodido (o picor traspasa as lubas de plástico, segue de lavar as mans dúas veces con auga e xabón…) pero xa o teño planeado. Voulle coller as sementes o domingo con moitísimo coidado e logo poreinas a secar un días. Xa sei a quen lle vou mandar unhas poucas por correo, hehehehe.


