Posta o día
Ola de novo. Como supoño que decataríadesvos non actualicei esto durante mes e pico porque a verdade é que non ando con moito tempo de lecer debido o traballo e últimamente tiven que facer unhas viaxes a distintos puntos do norte peninsular por motivos personais.
A hortiña está indo bastante ben, non me podo queixar a verdade. O pirixel está a medrar moi ben e temos tres testos con el, as tomateiras están incribelmente enormes e as guindillas, pois depende da raza. As queniatas, as que quitei as sementes dunhas guindillas que merquei no supermercado, xa teñen tres guindillas, as Long John algunhas xa están en fror (unha rachou co vento e estouna intentando salvar pra o ano que ven) e as Demon Red están nun estado pequeno pero con moita folla, posibelmente botarán froito o ano que ven.
Aquí tedes unhas poucas fotos co estado da miña hortiña:
As primeiras fotos son desta mañá e a derradeira é do 26 de Abril. Víchedes como medraron as prantas en tan so dous meses e medio?. A tomateiras chupan moitísima auga. Téñolle que regar tódolos días. Xa advertíramo a miña muller, pero a verdade é que abraiante a cantidade de auga que chupan as condenadas, eso si, están xa con moitos tomatiños nas polas, que boas ensaladas imos facer con eles!!
Logo da tristeza que nos deu perder a pranta de pirixel que tíñamos o ano pasado por culpa dunha choiva torrencial, as sementes que prantamos este ano (desa mesma pranta, que a vez a súa semente deunala o meu sogro das prantas que ten na finca de Ourense), están a sair moi ben. Incluso prantas que non prantamos sairon, xa ven porque as sementes movéronse por culpa do vento a outros testos ou algún bicho moveunas. Hoxe xa cociñamos co noso propio pirixel, e teño que decir que ten moitísimo sabor, é incribel.
E pra rematar as miñas pequerrechas, as que lle teño máis cariño. As guindillas, polo de agora so teño tres pero conto que ata primeiros ou mediados de setembro sáian bastantes máis.











