Sementar Sementarei

… loguiño de crarear

Arquivo para Abril 26th, 2010

Transprantando e desfacéndome de prantas

deixar un comentario »

Xa levaba un tempo preocupado e cavilando  sobre como estaban a medrar as guindillas. Estaba coméndome moito a cachola  co tamaño dos talos das prantas, que era moi finiño, ata que onte decidinme xa a transprantar a testo mais grandes as prantas que quería conservar pra min e empezar a desfacerme das que sobranme.

Pois ben o final gardei pra min, tres exemplares de cada tipo de tomates cherry (Sweet Million e Gardener’s Delight), seis dos chiles queniatas, tres de cayena, dous Joe’s Long e dous Demons Red. Estiven a traer recipentes valeiros da cociña do traballo pra utilizalos como testo e a verdade e que están a dar un resultado estupendo. Bonitos non son, mais son de balde e fan o apaño.


Nas fotos de enriba podedes ver como quedaron as tomateiras no balcón. Saqueinas xa fora porque o tempo está a ser bastante bo estes días e segundo a BBC as temperaturas van subir pouco a pouco estes vindeiros días. Téñolle temor o baixón das temperaturas polas noites, xa que enfría bastante, pero non chega a xear, así que penso que sairán adiante.

Aí tedes as guindillas nos seus lugares definitivos. A estas ainda as teño dentro do salón porque precisan de bastante calor e o tempo aquí e bo mais non é o idoneo pra elas.

Como ainda teño moitos exemplares de tomates e de chiles poris xa estiven a buscarlles casa dende fai algunhas semanas. Hoxe xa lle din algúns exemplares a Angela, unha compañeira de traballo e mañá marchanse máis pra uns compañeiros de traballo da miña muller (por certo, e unha especie de troco, a cambio vanme dar unha pranta de pementos de Padrón!!!).

Nas fotos superiores podedes ver que xa estou empezando a separar e preparar as prantas pra os seus futuros donos. Ainda así estou vendo que como teño moitos exemplares de Cayena e de tomates Gardener’s Delight, algúns van ter que ir o lixo porque non lles dou atopado dono, unha vágoa.

Escrito por Pablo

26 Abril, 2010 ás 18:47

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.