Sementar Sementarei

… loguiño de crarear

Arquivo para Abril 2010

Transprantando e desfacéndome de prantas

deixar un comentario »

Xa levaba un tempo preocupado e cavilando  sobre como estaban a medrar as guindillas. Estaba coméndome moito a cachola  co tamaño dos talos das prantas, que era moi finiño, ata que onte decidinme xa a transprantar a testo mais grandes as prantas que quería conservar pra min e empezar a desfacerme das que sobranme.

Pois ben o final gardei pra min, tres exemplares de cada tipo de tomates cherry (Sweet Million e Gardener’s Delight), seis dos chiles queniatas, tres de cayena, dous Joe’s Long e dous Demons Red. Estiven a traer recipentes valeiros da cociña do traballo pra utilizalos como testo e a verdade e que están a dar un resultado estupendo. Bonitos non son, mais son de balde e fan o apaño.


Nas fotos de enriba podedes ver como quedaron as tomateiras no balcón. Saqueinas xa fora porque o tempo está a ser bastante bo estes días e segundo a BBC as temperaturas van subir pouco a pouco estes vindeiros días. Téñolle temor o baixón das temperaturas polas noites, xa que enfría bastante, pero non chega a xear, así que penso que sairán adiante.

Aí tedes as guindillas nos seus lugares definitivos. A estas ainda as teño dentro do salón porque precisan de bastante calor e o tempo aquí e bo mais non é o idoneo pra elas.

Como ainda teño moitos exemplares de tomates e de chiles poris xa estiven a buscarlles casa dende fai algunhas semanas. Hoxe xa lle din algúns exemplares a Angela, unha compañeira de traballo e mañá marchanse máis pra uns compañeiros de traballo da miña muller (por certo, e unha especie de troco, a cambio vanme dar unha pranta de pementos de Padrón!!!).

Nas fotos superiores podedes ver que xa estou empezando a separar e preparar as prantas pra os seus futuros donos. Ainda así estou vendo que como teño moitos exemplares de Cayena e de tomates Gardener’s Delight, algúns van ter que ir o lixo porque non lles dou atopado dono, unha vágoa.

Escrito por Pablo

26 Abril, 2010 ás 18:47

Xa é definitivo: Non teño máis sitio

deixar un comentario »

O que temíame cumpriuse o final. Tiña catro cuncas de plástico con as plantiñas de cayenas que prantei fai mes e pico e que logo dun mes brotaran, pois ben, esta mañá puxenme a tranprantalas cada unha a súa propia cunca e o final tan so fixen tres das catro cuncas, e foron 25 prantas en total, o sexa que non teño nin idea de onde poñelas, porque sí, xa fai sol aquí en Londres, pero ainda corre un vento do norte que levanta unha biruxe tremenda, así que non podo sacalas o balcón ainda. Voume ter que organizar moi ben, en plan Tetris diría eu, colcando as guindillas, as tomateiras, etc…
O pirixel que saíu (o final tan so tres, esperando a que os que saíron por sorpresa na maceta do balcón collan folgos e peguen un chouto), tamén movinno do vaso de iogur onde estaban os tres a un contenedor grande dos que trouxen do traballo. O pririxel o ser unha herba máis resistente xa o saquei fora o balcón. Espero non cometer un erro tremendo facendo esto. Xa veremos nos vindeiros días o que acontece.

Escrito por Pablo

11 Abril, 2010 ás 11:57

Secado de chiles (III)

deixar un comentario »

Hoxe recollín por fin as guindillas que pusen a secar fai un mes. Visto e confirmado que o fixen ben con eses catro exemplares: deixalos nun lugar escuro e seco na casa ata que o tacto noteselle que xa están secos.

Se lembrades eran dous verdes e dous vermellos no comezo, o final os verdes acabaron por tonarse vermellos como podedes comprobar nas imaxes. O único que me deixou un chisco mosca foron os vermellos. Pois resulta que o tacto ainda non dín tan secos coma os outros dous, pero estou seguro que cuestión de tempo en que sequen tan ben coma os seus compañeiros. O que fixen agora é atalos os catro xuntos e metelos nun recipente de lata pra que se rematen de secar eses dous pementos, especialmente o que estaba a esquerda do todo da percha.

Durante as derradeiras visitas o super estívenme quedando cuns chiles novos que tiñan chamados “Finger Chillies”,  ou en galego “chiles dedo”, xa que chamábame moita a atención a súa forma (máis fina e alongada do normal, máis parecidos as guindillas as que estamos acostumados no estado pero máis pequerrechos) e porque na bolsa xa avisan de que son moi picantes. Bueno, pois hoxe decidinme a mercalos e polos a secar e coller unhas cantas sementes pra o ano que ven. Deuseme por probar un cachiño dun o que lle estiven a quitar as sementes, ¡mi madriña!, eso queimaba máis que o ferro dunha fundición, eso sí, de sabor non era moi bo, xa decía na bolsa que son perfectos pra curris e demáis comidas indias nas que todas as especias danlle o sabor o prato.

Xa veremos como evolucionan estes novos amigos.

Escrito por Pablo

5 Abril, 2010 ás 19:27

Publicado en Experimentando, guindillas-chiles

Etiquetado con , ,

Un día atarefado na hortiña

deixar un comentario »

Hoxe fun de novo o B&Q por máis terra compostada pra poder tranprantar os tomates que sementei fai dúas semanas, xa que grazas o xerminador estaban moi grande e xa tiñan pinta de que axiña ían incordiar as unhas as outras. Tiven a sorte de atopar na tenda unha saca de 20 quilos (que viñen cargando eu mesmo dende a tenda a parada do bus, no bus, e dende a parada do bus a casa!!)  de terra por £5. Cando a abrín fai un rato dinme de conta que non era a máis axeitada  xa que lémbrame moito a terra que collía o meu pai cando eu era cativo cun sacho no monte na aldea pra as macetas do balcón do noso piso de Ourense. Ou sexa, terra con follas, polas e demais medio podre. Como ainda quedábame un chisco da derradeira saca que merquei fai dúas ou tres semanas mestureinas pra que asentasen mellor as prantas o transprantalas.

Outro problema co que me atopei ,e co que xa contaba, é que xa empezo a estar escaso de espazo no salón xunto o balcón, por iso tiven que coller un dos testos do ano pasado e prantar as tomateiras que non me cabían nos vasos de plástico e poñelo fora. Como ainda  fai un pouco de biruxe e non para de chover cubrín o testo cun plástico transparente, o que lle fixen uns cantos buratos, pra que faga o efecto invernadoiro as prantas . O final con toda-las lerias foron 43 as tomateiras dos dous tipos as que transpantei hoxe. O espazo que quedou baleiro no xerminador estouno a utilizar agora pra as guindillas Demon’s Red, que dende que as tranpantei non me medraron case nada. Espero que poñendoas de novo nese cacharro empecen a coller algo de tamaño axiña.

Mañá ou pasado, ou se non a vindeira fin de semana, tranprantarei as guindillas de cayena que sairon, que xa empezan a ter un tamaño perfecto pra o transprante.

Escrito por Pablo

3 Abril, 2010 ás 18:43

Publicado en tomates

Etiquetado con , ,

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.