A sorpresa do día
Acabo de sair o balcón a fumar un cigarro e déuseme por botar unha ollada o testo ca pranta de pirixel que tivemos o ano pasado, das sementes que nos dera o meu sogro. Pois ben, logo dun cru inverno no que lle caeu máis auga da que pensábamos que podía aturar, de que sufriu xeadas tremendas, neve, etc… xa dábamos por morta a pranta, e tan so era cuestión de tempo que a botase o lixo pra aproveitar o testo pra os meus chiles deste ano. Bueno, pois vai ser que a pranta non sobreviviu, mais deixounos a súa herdanza. Atopamos ata sete novas prantiñas crecendo o redor dela. Qué ledícia entrounos a miña muller e a min. Aquí tedes unhas cantas fotos pra que as vexades por vos mesmos.







[...] tomateiras, etc… O pirixel que saiu (o final tan so tres, esperando a que os que sairon por sorpresa na maceta do balcón collan folgos e peguen un chouto), tamén movinno do vaso de iogur onde [...]
Xa é definitivo: Non teño máis sitio « Sementar Sementarei
11 Abril, 2010 ás 12:03