Arquivo para Marzo 27th, 2010
A sorpresa do día
Acabo de sair o balcón a fumar un cigarro e déuseme por botar unha ollada o testo ca pranta de pirixel que tivemos o ano pasado, das sementes que nos dera o meu sogro. Pois ben, logo dun cru inverno no que lle caeu máis auga da que pensábamos que podía aturar, de que sufriu xeadas tremendas, neve, etc… xa dábamos por morta a pranta, e tan so era cuestión de tempo que a botase o lixo pra aproveitar o testo pra os meus chiles deste ano. Bueno, pois vai ser que a pranta non sobreviviu, mais deixounos a súa herdanza. Atopamos ata sete novas prantiñas crecendo o redor dela. Qué ledícia entrounos a miña muller e a min. Aquí tedes unhas cantas fotos pra que as vexades por vos mesmos.
Un gran descubrimento.
Fai xusto tres minutos entrei na web da BBC a mirar o tempo e de casualidade atopeime con “Dig In“, unha web da canle pública británica que serve de axuda a xente que queira prantar o seus propios vexetais na casa. Que non sabes como facer? pois eles envianche de balde as sementes por correio e tes videos e manuais explicativos de balde que vanche explicando paso a paso o que tes que facer. Unha idea estupenda sen dúbida, que vaime axudar moito. Ademáis a min venme de perlas, xa que a web da BBC e das poucas que podo visitar no computador do choio, hehehehe.






