Arquivo para Marzo 14th, 2010
Sementando tomates e cenorias
Xa que onte liberei o xerminador do chiles que tiña prantados nel, hoxe púxenme a a enchelo con sementes de tomates cherry que merquei fai unha semanas. Teño moitas esperanzas postas nos tomates, xa que o ano pasado sen querelo saiume unha tomateira nun testo no que tiña prantado pirixel (botáralle compost feito por min, e non caín en conta de quitarlle as sementes os tomates). Se co mal verán que tivemos o ano pasado, prantado a destempo e sen coidado ningún a tomateira saiu adiante, este ano sementando a tempo, mantendo as sementes no xerminador, e coidando delas espero conseguir algo de xeito e facer ainda que sexa unha pequena ensalada cos tomatiños que sáian.


Como podedes apreciar na imaxe, sementei dous tipos distintos de tomates cherry (ou polo menos é o que parece segundo as imaxes dos sobres das sementes), e púxennas en liñas nos recipentes do xerminador. Segundo os sobres tardarán entre dúas e tres semanas en sair.
Xa collín no traballo uns baldes bastante grandes onde plantalos cando medren, agora o que preciso atopar son uns paos longos e resistentes onde atar as tomateiras cando estén prantadas neses baldes.
Logo de rematar cos tomates sementei as cenorias. Suponse, polo que lin en internet, dun cultivo bastante sinxelo, que non precisa de moitos coidados e que da moi bos resultados. Polo que xa prantei as sementes no esto no que penso cultivalas. Eso si, deixeino dentro da casa. Ainda que cada día mellora un pouco o tempo aquí en Londres, ainda vai bastante frío e polas noites ainda xea, polo que prefiro deixar as sementes o calor da casa polo de agora, pra que collan forza.


Como podedes comprobar nas imaxes de arriba, nesta ocasión coloquei as sementes o chou, esparcidas por todo o testo, o contrario que cos tomates que colqueinos enfilados e ordenadiños.
Transprantando as guindillas
Onte pasei un bo rato transpantando os chiles que prantei o 14 de febreiro. E decir, os queniatas vermellos, os Joe’s Long e os Demon Red. Pensei que ía ser algo mais rápido, pero o facelo no chan do meu salón, con ferramentas moi básicas como unha culler de plástico e unha luva destas de usar e tirar, vendo ca miña muller de novo os capitulos da sexta tempada de Lost, pois… xa me diredes.

O final son 32 prantas: 5 Joe’s Long, 6 Demon Red e o resto das queniatas vermellas. Xa, xa sei que son 21 queniatas e que son demasiadas, pero é que non quero correr riscos. Ainda non sei se as outras sementes que prantei fai dúas semanas van sair (a miña nai e a miña muller dinme que teña paciencia, que depende de moitos factores como a lúa, a auga, a luz, a calor…), e como as que teño ainda son bastante pequerrechas prefiro non correr riscos e que saianme adiante todas as que sexa posibel, xa me desfarei delas se teño moitas, o que non quero é quedarme sen case ningunha.

Hoxe tócame prantar tomates e cenorias, cruzade os vosos dedos por min!
O pirixel xa está saindo
Onte o erguerme da cama. como tódolos días, mentras facía o café puxenme a darlle unh aollada as miñas prantiñas, e pra a miña ledicia vin que por fin o pirixel que prantara fai dúas semanas está a sair.

Non sei se sabedes as historia deste pirixel, pero bueno, a nos fainos moita ilusión que saia xa que as sementes deunolas o pai de Ana fai dous anos. O ano pasado saiu un precioso exemplar, pero por culpa da choiva e da canalización patética nos balcóns do meu edificio (cando chove cae no meu balcón toda a agua que ven dos balcóns dos meus veciños que están por riba de min, e eu vivo nun primeiro), rematou estragándose. Ainda teño esperanza de reviva este ano, por eso non o quitei do seu testo. Tan so o tempo o dirá. Chamádeme morriñento, mais que marabilloso é ver e tocar un cacho da túa terra cando estás lonxe dela.

