Secado de chiles (I)
Logo de catro días os chiles que puxen o pasado martes a secar xa están a enrugarse e incluso uns dos verdes está a tornar vermello. Púxennos no recantos máis escuro da casa, no colgador da entrada. Esa parte da casa está as escuras a maioría do tempo e non hai perigo de humidades que lle podan afectar as guindillas. Botádelle unha ollada vos mesmos e vede como están a quedar. O verde do medio que está a tornar en vermello é sen dúbida o meu favorito.




[...] un comentario » Hoxe recollín por fin as guindillas que pusen a secar fai un mes. Visto e confirmado que o fixen ben con eses catro exemplares: deixalos nun lugar escuro e seco na [...]
Secado de chiles (III) « Sementar Sementarei
5 Abril, 2010 ás 19:28