Sementar Sementarei

… loguiño de crarear

Arquivo para Marzo 2010

A sorpresa do día

hai un comentario

Acabo de sair o balcón a fumar un cigarro e déuseme por botar unha ollada o testo ca pranta de pirixel que tivemos o ano pasado, das sementes que nos dera o meu sogro. Pois ben, logo dun cru inverno no que lle caeu máis auga da que pensábamos que podía aturar, de que sufriu xeadas tremendas, neve, etc… xa dábamos por morta a pranta, e tan so era cuestión de tempo que a botase o lixo pra aproveitar o testo pra os meus chiles deste ano. Bueno, pois vai ser que a pranta non sobreviviu, mais deixounos a súa herdanza. Atopamos ata sete novas prantiñas crecendo o redor dela. Qué ledícia entrounos a miña muller e a min. Aquí tedes unhas cantas fotos pra que as vexades por vos mesmos.

Escrito por Pablo

27 Marzo, 2010 ás 14:19

Publicado en herbas, pirixel

Etiquetado con

Un gran descubrimento.

con 3 comentarios

Fai xusto tres minutos entrei na web da BBC a mirar o tempo e de casualidade atopeime con “Dig In“, unha web da canle pública británica que serve de axuda a xente que queira prantar o seus propios vexetais na casa. Que non sabes como facer? pois eles envianche de balde as sementes por correio e tes videos e manuais explicativos de balde que vanche explicando paso a paso o que tes que facer. Unha idea estupenda sen dúbida, que vaime axudar moito. Ademáis a min venme de perlas, xa que a web da BBC e das poucas que podo visitar no computador do choio, hehehehe.

Escrito por Pablo

27 Marzo, 2010 ás 10:38

Publicado en outras webs

Etiquetado con ,

Xa están saindo as cenorias!

deixar un comentario »

Logio de pouco máis dunha semana as cenorias xa están a sair. É incribel o rápido que están a sair tantos estas como os tomatiños cherry. Aquí tedes unha mostra do bonitiñas que me están.

Por certo, deixade algún comentario que se non esto queda moi aburrido, oh! ;-)

Escrito por Pablo

23 Marzo, 2010 ás 19:05

Publicado en cenorias

Etiquetado con

Secado de chiles (II)

deixar un comentario »

Fai dúas semanas e pico puxen a secar unhas guindillas que merquei no supermercado pra practicar esta técnica, e así non fastidiar as que me saian a min cando as quera secar. Na entrada que escribín fai hoxe dúas semanas, as guindillas tan so levaban catro días a secar; agora que levan case que tres semanas é o intre adecuado de facer as primeiras observacións:

O chile verde que fai dúas semanas comezaba a tornar a súa cor a vermella como podedes ver xa o fixo completamente, adquirindo unha cor bastante brilante. A outra guindilla verde do seu carón está empezando a perder a súa tonalidade verdosa agora e, como podedes comprobar na imaxe da dereita, está a coller un ton amarelo. Os que eran vermellos seguen ca mesma cor, mirade os que están a ambolos lados na imaxe da esquerda.

Conto con que dentro de pouco xa estén totalmente secos e poidanse gardar pra utilizalos en calqueira intre que os precise.

Escrito por Pablo

21 Marzo, 2010 ás 13:58

Publicado en Experimentando, guindillas-chiles

Etiquetado con , ,

A cayena xa está a sair

hai un comentario

Lembrádesvos que fai pouco escribía un artigo falando do preocupado que me tinnan unhas sementes de chiles queniatas e de cayena que prantei o primeiro deste mes? pois polos que menos daba, os que prantei por experimentar… están a sair! deume unha ledicia tremenda este serán cando os vin, outro tipo máis de guindillas na miña hortiña, ¡estupendo! é abraiante que das semenets das guindillas de cayena secas que merquei no super en Ourense por 0.65 € saianme agora as prantiñas. A natureza nunca deixa de sorprender a un.

Escrito por Pablo

20 Marzo, 2010 ás 19:44

Publicado en guindillas-chiles, sementando

Etiquetado con , ,

Xa están xerminando os tomates cherry! (II)

deixar un comentario »

Xa están a sair o resto!! que ledicia, é incribel o axiña que están a sair.

Escrito por Pablo

20 Marzo, 2010 ás 19:31

Publicado en tomates

Etiquetado con

Xa están xerminando os tomates cherry! (I)

deixar un comentario »


Con tan so catro días no xerminador a primeira das tomateiras xa saiu. Non se ben moi ben porque o macro da miña cámara non é moi bo e había pouca luz, pero a que é unha cucada vela así de finiña tiran do pra riba?. Empezo ben cos tomates cherry, que siga así a racha.

Escrito por Pablo

18 Marzo, 2010 ás 20:07

Publicado en tomates

Etiquetado con

Sementando tomates e cenorias

deixar un comentario »

Xa que onte liberei o xerminador do chiles que tiña prantados nel, hoxe púxenme a a enchelo con sementes de tomates cherry que merquei fai unha semanas. Teño moitas esperanzas postas nos tomates, xa que o ano pasado sen querelo saiume unha tomateira nun testo no que tiña prantado pirixel (botáralle compost feito por min, e non caín en conta de quitarlle as sementes os tomates). Se co mal verán que tivemos o ano pasado, prantado a destempo e sen coidado ningún a tomateira saiu adiante, este ano sementando a tempo, mantendo as sementes no xerminador, e coidando delas espero conseguir algo de xeito e facer ainda que sexa unha pequena ensalada cos tomatiños que sáian.

Como podedes apreciar na imaxe, sementei dous tipos distintos de tomates cherry (ou polo menos é o que parece segundo as imaxes dos sobres das sementes), e púxennas en liñas nos recipentes do xerminador. Segundo os sobres tardarán entre dúas e tres semanas en sair.
Xa collín no traballo uns baldes bastante grandes onde plantalos cando medren, agora o que preciso atopar son uns paos longos e resistentes onde atar as tomateiras cando estén prantadas neses baldes.
Logo de rematar cos tomates sementei as cenorias. Suponse, polo que lin en internet, dun cultivo bastante sinxelo, que non precisa de moitos coidados e que da moi bos resultados. Polo que xa prantei as sementes no esto no que penso cultivalas. Eso si, deixeino dentro da casa. Ainda que cada día mellora un pouco o tempo aquí en Londres, ainda vai bastante frío e polas noites ainda xea, polo que prefiro deixar as sementes o calor da casa polo de agora, pra que collan forza.

Como podedes comprobar nas imaxes de arriba, nesta ocasión coloquei as sementes o chou, esparcidas por todo o testo, o contrario que cos tomates que colqueinos enfilados e ordenadiños.

Escrito por Pablo

14 Marzo, 2010 ás 15:07

Publicado en cenorias, sementando, tomates

Etiquetado con ,

Transprantando as guindillas

deixar un comentario »

Onte pasei un bo rato transpantando os chiles que prantei o 14 de febreiro. E decir, os queniatas vermellos, os Joe’s Long e os Demon Red. Pensei que ía ser algo mais rápido, pero o facelo no chan do meu salón, con ferramentas moi básicas como unha culler de plástico e unha luva destas de usar e tirar, vendo ca miña muller de novo os capitulos da sexta tempada de Lost, pois… xa me diredes.

O final son 32 prantas: 5 Joe’s Long, 6 Demon Red e o resto das queniatas vermellas. Xa, xa sei que son 21 queniatas e que son demasiadas, pero é que non quero correr riscos. Ainda non sei se as outras sementes que prantei fai dúas semanas van sair (a miña nai e a miña muller dinme que teña paciencia, que depende de moitos factores como a lúa, a auga, a luz, a calor…), e como as que teño ainda son bastante pequerrechas prefiro non correr riscos e que saianme adiante todas as que sexa posibel, xa me desfarei delas se teño moitas, o que non quero é quedarme sen case ningunha.

Hoxe tócame prantar tomates e cenorias, cruzade os vosos dedos por min!

Escrito por Pablo

14 Marzo, 2010 ás 9:00

Publicado en guindillas-chiles

Etiquetado con , ,

O pirixel xa está saindo

hai un comentario

Onte o erguerme da cama. como tódolos días, mentras facía o café puxenme  a darlle unh aollada as miñas prantiñas, e pra a miña ledicia vin que por fin o pirixel que prantara fai dúas semanas está a sair.

Non sei se sabedes as historia deste pirixel, pero bueno, a nos fainos moita ilusión que saia xa que as sementes deunolas o pai de Ana fai dous anos. O ano pasado saiu un precioso exemplar, pero por culpa da choiva e da canalización patética nos balcóns do meu edificio (cando chove cae no meu balcón toda a agua que ven dos balcóns dos meus veciños que están por riba de min, e eu vivo nun primeiro), rematou estragándose. Ainda teño esperanza de reviva este ano, por eso non o quitei do seu testo. Tan so o tempo o dirá. Chamádeme morriñento, mais que marabilloso é ver e tocar un cacho da túa terra cando estás lonxe dela.

Escrito por Pablo

14 Marzo, 2010 ás 8:35

Publicado en herbas, pirixel, sementando

Etiquetado con

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.