Sementar Sementarei

… loguiño de crarear

Arquivo para Febreiro 28th, 2010

Sementando máis chiles e outras cousas

deixar un comentario »

Déuseme por buscar as sementes de pirixel que gardei o ano pasado do que me dera o meu sogro. Procurando por elas atopei mais chiles queniatas pero estes de cor verde. Pranteinos nunhas cuncas de plástico das que utilizamos no traballo pra facer iogures con compota. Se os seus irmáns vermellos sairon tan ben nos vasos de iogur espero que estes tamén broten igual de ben tendo máis espazo nestas cuncas.

Ademais prantei o pirixel antes mencionado e puxen en auga unha ramiña de romeu, xa que polo que poiden ler estes días en diferentes foros e páxinas adicadas o cultivo de interior, esta herba é moi boa pra manter as pragas afastadas das prantas que están o seu redor. As raices deberían empezar a sair en cousa de tres semanas un mes.

Empecei, tamén, a experimentar con algo que vin fai pouco no programa de “Jamie Oliver at Home” adicado os pementos e as guindillas, que é embotar os chiles en aceite e con máis especias como allo, pirixel, etc… O que fixen foi picar pirixel, pelar dous dentes de allo e boteino todo cunha folla de loureiro e unhas cantas guindillas de Cayena nun bote pequeno que teño a casa dos pementos de piquillo que venden no Tesco e teñennos enganchados a Ana e a min. Suponse que logo de uns catro días está lista pra utilizala pra cociñar. Eu vouno deixar macerar máis tempo; quero que o aceite colla todo o que poida dos dentes de allo e da folla de loureiro.

Escrito por Pablo

28 Febreiro, 2010 ás 20:11

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.