Sementando os meus primeiros chiles (I)
Xa sabemos todos que o clima na Inglaterra non é o mellor pra ter unha horta por eso mesmo vou intentar aforrar tempo e prantar canto antes as sementes dos chiles. Merquei un xerminador onte en B&Q, que suponse que é perfecto pra axudar a este tipo de sementes a sair con forza. Nel vou prantar dúas variedades de chiles que merquei tamén no B&Q. A primeira a Joe’s Long que pola foto da bolsiña na que veñen as sementes parécense bastante as guindillas bascas mais en cor vermella en vez dese amarelo tirando a verde. A outra variedade ten un nome co que deixa ben claro as súas intencións, Demon Red, pequerechas e chatas, pero que prometen.
No outono merquei no Tesco chiles frescos, provintes de Quenia, pero nos que non puña a variedade. Quiteilles as sementes e estiveron a secar nun papel atra o de agora. Vounos por nuns vasos de iogurt que estiven apartando.


[...] un comentario » Onte pasei un bo rato transpantando os chiles que prantei o 14 de febreiro. E decir, os queniatas vermellos, os Joe’s Long e os Demon Red. Pensei que ía ser algo mais [...]
Transprantando as guindillas « Sementar Sementarei
14 Marzo, 2010 ás 9:01
[...] Aquí tedes a segunda remesa de guindillas da miña hortiña. Xa collín como seis antes destes que vedes na imaxe, pero agora é cando as prantas empezar a ter moitas. Deixei algunhas que xa tiñan bo tamaño na pranta por se acaso e tamén por que con estas dez que acabo de colleitar chégame pra unha boa tempada. Se tedes curiosidade por saber de que sementes sairon pois direivos que sairon das sementes que quitei dos chiles frescos que mercara no supermercado. As prantas que sairon das sementes mercadas no B&Q as Joe’s Long e as Demons Red ainda non botaron un so froito (máis info aquí) [...]
A colleita « Sementar Sementarei
13 Agosto, 2010 ás 14:37