Sementar Sementarei

… loguiño de crarear

Arquivo para Febreiro 14th, 2010

Sementando os meus primeiros chiles (I)

con 2 comentarios

Xa sabemos todos que o clima na Inglaterra non é o mellor pra ter unha horta por eso mesmo vou intentar aforrar tempo e prantar canto antes as sementes dos chiles. Merquei un xerminador onte en B&Q, que suponse que é perfecto pra axudar a este tipo de sementes a sair con forza. Nel vou prantar dúas variedades de chiles que merquei tamén no B&Q. A primeira a Joe’s Long que pola foto da bolsiña na que veñen as sementes parécense bastante as guindillas bascas mais en cor vermella en vez dese amarelo tirando a verde. A outra variedade  ten un nome co que deixa ben claro as súas intencións, Demon Red, pequerechas e chatas, pero que prometen.
No outono merquei no Tesco chiles frescos, provintes de Quenia, pero nos que non puña a variedade. Quiteilles as sementes e estiveron a secar nun papel atra o de agora. Vounos por nuns vasos de iogurt que estiven apartando.

Escrito por Pablo

14 Febreiro, 2010 ás 11:19

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.