Sementar Sementarei

… loguiño de crarear

Arquivo para Febreiro 2010

Sementando máis chiles e outras cousas

deixar un comentario »

Déuseme por buscar as sementes de pirixel que gardei o ano pasado do que me dera o meu sogro. Procurando por elas atopei mais chiles queniatas pero estes de cor verde. Pranteinos nunhas cuncas de plástico das que utilizamos no traballo pra facer iogures con compota. Se os seus irmáns vermellos sairon tan ben nos vasos de iogur espero que estes tamén broten igual de ben tendo máis espazo nestas cuncas.

Ademais prantei o pirixel antes mencionado e puxen en auga unha ramiña de romeu, xa que polo que poiden ler estes días en diferentes foros e páxinas adicadas o cultivo de interior, esta herba é moi boa pra manter as pragas afastadas das prantas que están o seu redor. As raices deberían empezar a sair en cousa de tres semanas un mes.

Empecei, tamén, a experimentar con algo que vin fai pouco no programa de “Jamie Oliver at Home” adicado os pementos e as guindillas, que é embotar os chiles en aceite e con máis especias como allo, pirixel, etc… O que fixen foi picar pirixel, pelar dous dentes de allo e boteino todo cunha folla de loureiro e unhas cantas guindillas de Cayena nun bote pequeno que teño a casa dos pementos de piquillo que venden no Tesco e teñennos enganchados a Ana e a min. Suponse que logo de uns catro días está lista pra utilizala pra cociñar. Eu vouno deixar macerar máis tempo; quero que o aceite colla todo o que poida dos dentes de allo e da folla de loureiro.

Escrito por Pablo

28 Febreiro, 2010 ás 20:11

Sementando os meus primeiros chiles (II)

deixar un comentario »

Por fin asomaron os primeiros brotes das guindillas!! aquí tedes as fotos.

Estas son as queniatas que secara e a verdade e que sairon con moita forza.

As follas Joe’s Long teñen unha cor preciosa.


Aquí temos as Red Demon, que como o seu froito ainda son un chisco pequerrechas.

Vendo estas imaxes e vendo como medraron en tan so 10 días as prantas dec atome que como curiosidade hei de dicir que as queniatas, as que non tiveron xerminador, as prantadas en vasos de iogures… ou sexa en piores condicións, soin as que máis medraron ata o de agora.

Escrito por Pablo

24 Febreiro, 2010 ás 19:00

Sementando os meus primeiros chiles (I)

con 2 comentarios

Xa sabemos todos que o clima na Inglaterra non é o mellor pra ter unha horta por eso mesmo vou intentar aforrar tempo e prantar canto antes as sementes dos chiles. Merquei un xerminador onte en B&Q, que suponse que é perfecto pra axudar a este tipo de sementes a sair con forza. Nel vou prantar dúas variedades de chiles que merquei tamén no B&Q. A primeira a Joe’s Long que pola foto da bolsiña na que veñen as sementes parécense bastante as guindillas bascas mais en cor vermella en vez dese amarelo tirando a verde. A outra variedade  ten un nome co que deixa ben claro as súas intencións, Demon Red, pequerechas e chatas, pero que prometen.
No outono merquei no Tesco chiles frescos, provintes de Quenia, pero nos que non puña a variedade. Quiteilles as sementes e estiveron a secar nun papel atra o de agora. Vounos por nuns vasos de iogurt que estiven apartando.

Escrito por Pablo

14 Febreiro, 2010 ás 11:19

Ola a todo o mundo

deixar un comentario »

Este é o meu segundo ano prantando cousas na casa. O ano pasado adiqueime as herbas como o pirixel, a rúcula, o tomiño, a albahaca… e a verdade é que a pesares de que a gran maioria non chegaron a moito conseguín moita experiencia sobre esto da agricultura urbán. Agora xa sei os inconvintes cos que voume atopar este ano e como evitar que estráguenme as prantas. Este ano tiña pensado prantar guindillas/chilis, tomates cherry e cenorias, mais estou improvisando un chisco sobre a marcha.
A principal razón pola que criei este blogue é  pra utilizalo como caderno de notas e deixar reflexadas nalgures as notas e vivencias pra que sirvanme pra anos vindeiros e pra os que teñan curiosidade nestas cousas. Espero que gustedes del e por favor participade nos comentarios dándome consellos e preguntando cousas que vexades que poidovos axudar.

Escrito por Pablo

6 Febreiro, 2010 ás 10:08

Publicado en opinión

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.